Agenda cultural y de ocio

A obra teatral "O secuestro da bibliotecaria" chega a Verín

221229 SECUESTRO BIBLIOTECARIA
photo_camera Imaxe da representación teatral infantil.
A cita será no Auditorio Municipal este xoves ás 18,00 horas

O Auditorio Municipal de Verín acolle este xoves, ás 18,00 horas, a representación teatral "O secuestro da bibliotecaria" da compañía Sarabela Teatro, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.

As entradas para desfrutar desta obra para os máis pequenos da casa e toda a familia son de carácter gratuíto, pero é necesario recollelas o mesmo día da representación no Auditorio de Verín a partir das 16,00 horas, para levar así reconto dos espectadores.

"A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria", explican dende a organización sobre "O secuestro da bibliotecaria".

Te puede interesar