ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
NOVO PXOM
Os populares esixiron ao grupo de goberno PSOE-BNG que constitúa unha comisión de seguemento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no que tamén estea representado o único partido da oposición.
O PP verinés busca desta forma estar tamén informados sobre “as variacións realizadas respecto do PXOM de 2012, os cambios de clasificación do solo, as alegacións recibidas e a súa aceptación, así como os informes das administraciones sectoriais”, xa que afirman que son “moitos os veciños que se achegan á nosa sede para preguntar pola súa tramitación”.
O novo PXOM aprobouse inicialmente en pleno o ano pasado, ante a pérdida de vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) de 2021. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou posteriormente o IOP, unha decisión que o Concello verinés recurriu ante o Tribunal Supremo.
Os populares verineses afirman que a sentenza está “a piques de saír, e case con total seguridade ratificará a anulación do TSXG”, o que provocará “moitos problemas aos veciños que queiran construír novas vivendas”.
O alcalde, Gerardo Seoane, comentou que o PXOM está na súa “fase final”, pendente do informe de Medio Ambiente, que prevé “favorable”. Sobre o recurso da IOP, “non se sabe como nin cando saerá”, pero di que nada cambiará aínda que “saia en contra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 4 de agosto?