SERVICIOS CIUDADANOS

Protección Civil de Verín subíu nun 163% as súas intervencións

No acto, o presidente da agrupación entregou e explicou aos edís a memoria anual de actividades realizadas polos voluntarios durante o ano 2016

Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron onte, acompañados da concelleira de Protección Civil, Tráfico e Seguridade Cidadá, Cándida Couñago, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación no ano 2017. 

No acto, o presidente da agrupación entregou e explicou aos edís a memoria anual de actividades realizadas polos voluntarios durante o ano 2016, destacando un incremento nos operativos realizados, con respecto ao ano anterior, dun 163%. O obxecto do convenio é regular as bases de colaboración entre o Concello de Verín e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Te puede interesar