CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
SERVIZO ASISTENCIAL
A construción dunha residencia de maiores no concello de Laza está agora un pouco máis preto. Se hai 10 díaz facíase oficial unha achega da Deputación por valor de 103.320 euros para a construción desta infraestrutura asistencial, agora o Concello lazao vén de anunciar a adxudicación da redacción do proxecto.
Tras resolver o concurso entre as cinco empresas que se presentaron, o importe total polo que se adxudicou a redacción do proxecto foi de 52.030 euros. Agora os arquitectos disporán de prazo ata o vindeiro 31 de agosto para facer entrega de toda a documentación do proxecto básico e de execución da residencia.
Segundo o calendario que manexa o Concello de Laza, e trala sinatura dos convenios pendentes, a súa intención é a de sacar a obra a concurso antes do remate de agosto, co obxectivo de iniciar as obras da residencia de maiores antes do final deste mesmo ano.
A futura residencia de maiores de Laza, que contará inicialmente con 24 prazas, é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Benestar, que se une ás achegas feitas ata agora pola Deputación de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
Roberto González
MIGRACIÓN A OURENSE
Los beneficios de la inmigración
SEGURIDAD EN CADA OPERACIÓN
El CHUO introduce un túnel de lavado para esterilizar su material quirúrgico
PRIMERA FEDERACIÓN
Siguiente test para la UD Ourense, en O Couto