INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
A Xunta de Galicia acaba de adxudicar as obras de renovación e mellora dos sistemas de abastecemento e saneamento no núcleo poboacional de O Navallo, no Concello de Riós. Unha adxudicación que ascende aos 324.000 euros.
Esta actuación, que correrá a cargo da empresa Explotacións Medioambientais S.L.U., prevé executarse durante este ano, establecéndose un prazo de catro meses para a realización dos traballos. Unha intervención que ten como obxectivo dotar a parroquia de San Vicente do Navallo duns servizos de saneamento e abastecemento eficientes,q ue respondan ás necesidades dos veciños.
Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Riós, segundo o cal a Administración autonómica achegará máis de 325.000 euros para execución destas obras e o Concello contribuirá ao financiamento restante. Será Augas de Galicia a encargada da execución das obras e ao municipio corresponderanlle a recepción, mantemento e conservación das actuacións que se realicen.
Este núcleo de poboación dispón actualmente dunha rede de abastecemento de auga potable e dunha rede separativa de saneamento de augas residuais, na súa maior parte, con canalizacións instaladas hai máis de 30 anos.
Así, a nova rede de saneamento de augas residuais que se vai executar será de tipo separativo, por gravidade, e inclúe a execución de 4 colectores, 9 ramais e 59 pozos de rexistro. Con 1.442 metros dará servizo a un total de 66 vivendas. Mentres, o abastecemento partirá do depósito regulador actual para dar servizo a 76 vivendas mediante unha rede de distribución ramificada, polas características do viario do núcleo. A lonxitude total da mellora da rede é duns 2.000 metros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?