VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
REPORTAXE
Xa van 14 anos dende que o IES Castro de Baronceli de Verín comezou a festexar o Día das Letras Galegas ao seu xeito: coa Romaría das Letras, unha cita moi esperada polo alumnado e por todo o profesorado, os que desfrutaron dunha xornada festiva chea de actividades e moitas sorpresas.
Se algo fai a esta celebración especial é que cada ano inauguran unha aula do centro co nome dunha persoa da comarca que traballa na dinamización do galego e de Galicia: “Levamos uns anos agasallando aos persoeiros da nosa comarca que fan da nosa lingua e cultura o alento que impulsa a súa actividade profesional”, explicou José Luis Salgado, director do instituto verinés. Este ano a homenaxeada foi Esther Estévez, xornalista que, a través do programa “Dígocho Eu”, traballa a prol da lingua e cultura galegas. “Agradecémosche o uso que fas da nosa lingua no audiovisual, sendo exemplo de que é unha lingua viva, útil, axeitada como a lingua das artes, da ciencia ou da tecnoloxía”, remarcou o director momentos antes de que a verinesa Estévez destapara a súa nova aula no centro.
Tras este emotivo acto soaron as gaitas, bombos e pandeiretas, dando por iniciada a XIV Romaría das Letras. Alumnos de todos os cursos bailaron e cantaron, facendo que o público aplaudira ao son da música. Iso si, un grupo de mozos quixeron facer o seu propio homenaxe a As Tanxugueiras e coas súas mellores galas bailaron “Terra”.
Un xantar no patio, música tradicional e xogos populares continuaron a xornada festiva na vila do Támega. Alí, alumnos e profesores desfrutaron do son da gaita, das pandeiretas e das muiñeiras. E por un día a vergoña desapareceu entre os máis mozos, participando en todas as propostas co cometido de preservar a cultura e tradición de Galicia. “Tamén celebramos unha carreira solidaria, fixemos oco para este pequeniño evento para colaborar con Save the Children”, explican os docentes, recordando entre risos como “uns corrían e outros camiñaban, pero o importante é participar”.
E co paso das horas, os alumnos e mestres despediron a Esther Estévez, que quedará por sempre presente no centro. Así, este instituto verinés rendeu homenaxe a súa lingua e a súa cultura, agardando o vindeiro ano para festexar a Romaría das Letras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Elecciones presidenciales
Kast, el ultraderechista vinculado con el nazismo y la dictadura que promete orden en Chile
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Luis Cepeda vuelve a casa por Navidad?