INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
A casa consistorial de Verín acolleu na mañá deste venres a mesa de comercio local, coa finalidade de valorizar e promover o comercio de proximidade na vila do Támega.
A reunión, presidida por Gerardo Seoane, alcalde de Verín, conformouse por María Isabel González, concelleira da área de Comercio Local, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, xerente e presidente da Asociación de Empresarios de Verín (Aever), e Ariadna Gil, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais e de Consumo "O Recuncho".
Durante a mesma presentouse o plan de actuación de Aever para o ano 2021, co que se pretende dinamizar e promocionar o comercio local, fidelizar a clientela e potenciar a súa imaxe a través de diferentes accións online e offline.
Así, ao longo deste ano, as accións de dinamización comercial, fidelización de clientes e redes de comunicación promovidas por Aever son o black friday, a campaña de Nadal, a campaña de Concienciación Social, a creación e posta en marcha dun mercado dixital e a súa promoción, os bonos activa comercio da Xunta de Galicia e a campaña de promoción outono-inverno.
Ademais, dende a Asociación de Empresarios tamén levaron a cabo iniciativas de publicidade como a actualiación dos mupis, promoción da Semana Sana, guías informativas, o carné de fútbol do Verín FC e un xogo de mesa local, entre outras.
Dende o Concello de Verín, a través da área de Comercio, realizouse unha achega total de 15.000 euros no ano 2021, coa finalidade de contribuír á execución do proxecto de dinamización, promoción e fomento do comercio da vila de Verín, promovido por Aever.
A achega económica "enmárcase dentro da estratexia municipal de dinamización do comercio local, cuxo principal obxectivo é fomentar o consumo no pequeno comercio, algo que desde o grupo de goberno consideramos fundamental para reactivar a nosa economía", explica María Isabel González.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO DE OÍMBRA
La regeneración de los montes de Laza y Castrelo, más cerca
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
Lo último