Verín recibe o arquivo histórico de Eloy Luis André
CULTURA
Os seus netos participaron nun acto no que se asinou o convenio da cesión do seu legado
A Biblioteca de Verín xa conta, de xeito formal, co arquivo histórico de Eloy Luis André. Trátase de 200 obras, revistas e xornais nos que colaborou este psicólogo e escritor verinés que viviu entre 1878 e 1935. Toda a documentación, que se completa con medio centenar de carpetas que conteñen distintos escritos e materiais, así coma recortes de xornais, mapas e outros, xa está sendo obxecto de custodia, conservación, estudo e análise documental por parte dos responsables da Biblioteca Municipal: Aurora Prieto e Vicente Rodríguez.
A cesión formalizouse durante a mañá deste luns nun acto no que estiveron presentes os seus netos -que fixeron a doazón-, Úrsula Luis-André e Carlos Thiebaut; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo. O rexedor local quixo agradecer á familia de Luís André a importante doazón realizada xa que "supón unha gran achega para a nosa Biblioteca e unha valiosísima ampliación do patrimonio cultural da nosa vila que, sen dúbida, contribuirá á recuperación dunha parte fundamental da nosa memoria histórica".
Traballo de catalogación
Varios profesionais están a colaborar cos responsables da Biblioteca de Verín na traducción das obras cedidas e na súa catalogación. De xeito moi destacado, esta entidade conta coa participación do investigador galego Xosé Ramón García Soto, Facultativo Psicólogo Especialista en Psicología Clínica do Equipo de Salud Mental Infanto-Juvenil de Burgos.
Por outra banda, tamén están a cooperar de xeito desinteresado Monika del Castillo e Rubén Couto, neste caso, na traducción dos distintos escritos orixinais en lingua alemá e na transcrición dos mesmos. A súa participación, como coñecedores nesa materia, resulta "inestimable". Adicionalmente, Miguel Losada, Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega, é colaborador habitual desta biblioteca e axuda na evolución dos traballos.
Moitas áreas de coñecemento
Eloy Luis André, natural de Mourazos, formouse en distintas áreas de coñecemento e, por este motivo, non é doado enmarcalo nunha rama específica. Formouse no ámbito da psicoloxía, da filosofía, o dereito, a economía, a reforma do ensino, ou a reforma da planificación das infraestruturas do estado, como foi o caso das ferroviarias -é de destacar a variante André-. Está dispoñible unha cronobibliografía básica para ampliar coñecementos ao respecto da súa figura dentro da web: www.bibliotecadeverin.es.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
460 HECTÁREAS CALCINADAS
Drones investigan el origen del incendio forestal en Calvos de Randín
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer