Obras de mellora na OU-1006 ao seu paso por Vilardevós
As obras están realizándose na estrada que comunica Vilardevós con Vilarello da Raia
O Concello de Vilardevós vén de dar por iniciadas a pasada semana as obras na estrada OU-1006 que une Vilardevós con Vilarello da Raia, unha obra financiada pola Deputación de Ourense.
Cun presuposto de 372.000 euros, preténdese acondicionar e mellorar o estado desta estrada, debido a afluencia de tráfico que ten.
Esta obra enmarcase nun proxecto que alberga tres fases: a primeira -xa rematada- contaba cun presuposto de 120.000 euros; esta segunda está en marcha e espérase que a terceira fase remate o acondicionamento da estrada, con aglomerado ata a aldea de Florderrei, para o que se contará con 500.000 euros.
Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, asegura que "era necesario e estamos moi contentos, pois dará gran servizo aos veciños da contorna".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Siempre es el Día del Padre
Mariluz Villar
MUJERES
Cuestión de dientes