De los lectores | Lixo e restos de botellóns polos arredores de Montealegre

undefined
Veciños da Cruz Alta, e arredores, camiño da plaza 500 ata depósitos rúa Noz, estamos fartos de pasear nun basureiro, botellóns, mocidade falando a gritos e lixo de merendas e almorzos de moitos traballadores, incívicos en xeral. Indigna moito ver os cartos adicados a asfaltar o camiño pero non poñen un contenedor de lixo nos depósitos da rúa Noz, nen limpan nen solucionan. Un contenedor ou tres, concienciar e facilitarlle a labor aos vagos. Estos destes barrios tamén somos de Ourense, somos barrios do Concello, nosos cans comen merdas humanas, gastos de veterinario, córtanse con cristais, e da noxo sempre así. Unha inxustiza como está a estrada de subida a Montealegre e o Polígono, o que cada día acoden tantos traballadores, ou a subida o xardín botánico, etcétera.

Te puede interesar