Unha alumna de O Irixo, premio sobre protección de datos 2022

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, fallaron o VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2022, no que participaron un total de 37 nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnos de 1º a 4º de ESO de Galicia. 

Entre os gañadores figura Ariane Luis Nogueira, de 5º curso do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo, polo seu traballo “As redes sociais de Amelia”.

Te puede interesar