Os alumnos da Escola de Teatro carballiñesa aprenderán a deseñar unha comedia musical

A Escola Municipal de Teatro do Carballiño vai pór en marcha durante este curso 2007-2008, como en anos anteriores, un curso monográfico relacionados con esta arte, según anunciou a Concellería de Educación e Cultura. Neste senso, os alumnos e alumnas da escola terán a oportunidade de aprender as diferentes técnicas vencelladas á comedia musical, un xénero teatral que combina música, cancións, danza e diálogos falados.
O obradoiro de interpretación está dirixido ás persoas que teñan formalizada a súa matrícula na Escola municipal de Teatro e a tódolos adultos a partires dos 16 anos que poidan estar interesados, indican dende o departamento que dirixe Inmaculada Ucha. O cursiño estará impartido por Lucas Herrador, actor e cantante de diversas compañías de repertorio lírico nacional, e desenvolverase os mércores dos meses de xaneiro e febreiro en horario de 20,30 a 23,00 horas no Auditorio do Carballiño.

Expresión

Os responsables da escola, Josi Lage e Jouse García, apuntan que ’esta nova proposta pretende priorizar en tódalas áreas a deshinbición en función da expresión, e unha vez conseguido este punto profundizarase nos aspectos técnicos de cada faceta’. O obxectivo final é ’que o grupo participante poida crear a súa propia comedia musical e teña as ferramentas necesarias para representala ante o público’, añaden.

Te puede interesar