Unha asociación informa sobre as drogas no barrio de Flores

Os xóvenes que acudan esta noite a ‘movida’ nocturna no barrio carballiñés de Flores recibirán información de técnicos do proxecto ‘Creative’ encol da prevención do consumo de sustancias psicotrópicas e drogas en xeral.
A asociación Alborada, de Vigo, coa colaboración da Concellería de Servizos Sociais do Carballiño, instalará a partires da medianoite de hoxe unha carpa na baixada ó barrio de Flores, co obxectivo de difundir o proxecto ‘Creative’ de prevención en drogodependencias.

Deste xeito, os xóvenes que acuden ós locales de copas e organizan ‘botellóns’ nesta zona do casco histórico da vila, poderán recibir información encol das sustancias tales como o alcohol, heroína, cocaína, hachís e as pastillas de deseño (psicotrópicos), así como dos seus efectos no organismo humán.

A concelleira de Servizos Sociais, Asunción Rivero, lembrou que ‘iste é o segundo ano no que se leva a cabo esta experiencia, e penso que é unha boa iniciativa para tentar evitar que os rapaces consuman drogas’.

Te puede interesar