O BNG non vela polos veciños de Boborás, afirma o alcalde

A incomparecencia dos concelleiros do grupo municipal do BNG para revisar a documentación das obras correspondentes ó Plan E deste ano non foi do agrado do alcalde, Cipriano Caamaño. O rexedor 'popular calificou de 'impresentable' a actitude dos edís nacionalistas Dolores Cachafeiro e Manuel González, 'que non amosan, tanto nos plenos coma nos seus escritos oficiais unha postura correcta'.
Caamaño considera que 'sempre están a protestar pola escuridade, e cando se lles da unha oportunidade de ve-la luz, aseguran que non teñen tempo de abri-los ollos'. O alcalde de Boborás autorizou para o pasado venres, 30 de xullo, unha visita da voceira do BNG na Corporación, Dolores Cachafeiro, ás oficiñas da Casa do Concello, co obxectivo de que puidese ve-los expedientes de adxudicación das obras contempladas no Plan E de 2010, que ascenden a 329.000 euros.


RESPOSTA

'A oposición está a amosar unha actitude totalmente incompetente cara os seus votantes, que xa son poucos, porque se pediron ver esta documentación será para darlles a éstes unha resposta e agora quedan en ridículo', comentou Cipriano Caamaño. O alcalde, que goberna con sete concelleiros fronte a dous do BNG e dous do PSOE, engadiu que 'se estas persoas non están capacitadas para servir ós veciños, que se vaian para a súa casa, xa que o Concello de Boborás non os necesita'.

Te puede interesar