FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
O Concello do Carballiño prevé pechar a homenaxe aAntonio Palacios, autor do proxecto da Igrexa da Veracruz, colocando un busto na contorna do templo para dar visibilidade a un dos grandes arquitectos contemporáneos de España. Ao mesmo tempo, anuncia unha conferencia sobre a vida e obra do artista "cando a situación sanitaria o permita", apunta o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.
A programación que se puxo en marcha para homenaxear a Antonio Palacios no ano 2020, coincidiendo cos 75 anos do seu pasamento, viuse interrompida por causa do covid-19, e agora os responsables municipales optan por esperar a que a situación se normalice no 2021 para poñer fin a este recoñecemento.
"O Concello do Carballiño decidiu que o ano 2020 debía ser o do recoñecemento a un artista que sen dúbida deixou a súa pegada na vila. O Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, foi diseñada polo arquitecto no pasado século e hoxe segue a ser un dos grandes reclamos de Galicia", engade Diego Fernández.
Así pois, o Concello comezou o recoñecemento cun exitoso concerto no pasado mes de marzo da Escolanía de Segovia, que deu lugar á apertura do Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso"; ao que seguiron outros das corais do Carballiño. Tamén se editaron uns folletos divulgativos sobre o Templo da Veracruz que están repartidos pola vila e foron ben acollidos por os visitantes. Agora encargará o busto de Palacios a un artista aínda pendente de elexir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último