Carballiño recibirá a catro corais este sábado no Auditorio
A Casa Consistorial de O Carballiño acolleu a presentación da XL edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral, que se celebrará no Auditorio Manuel María o vindeiro sábado, ás 20,00 horas.
Esta tradicional cita cultural está organizada pola Coral Polifónica do Casino de Carballiño, os que están orgullosos de todo o seu percorrido: “Chegamos á 40 edición, xa son moitos anos”, dixeron durante a presentación os integrantes. “Non coñezo festival de bandas de música nin corais en Galicia que estean pola 40 edición, e a nivel español non hai ningún destas características co carácter de irmandade con Portugal que ten este festival”, anotou Xaime González, director da Coral. “40 anos reforzando esa característica internacional”, engadiu.
Nesta edición do Festival Galaico-Portugués, con entrada libre, participarán a Coral Aures Cantibus da cidade de Zamora, a Coral Polifónica de Chantada (Lugo), a Coral da Ordem dos Médicos de Oporto (Portugal) e os propios organizadores do evento, os que pecharán o acto.
Dende o Concello, colaboradores do evento, quixeron agradecer “o traballo da Coral durante todo este tempo, o festival permítenos coñecer diferentes culturas e está enclavado nun mes de moita actividade cultural na vila”, anotou Diego Fernández, concelleiro de Cultura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑOS EN VEHÍCULOS
Investigan el lanzamiento de piedras a coches desde un puente de la OU-504
DECIMOSEXTA EDICIÓN
Aspectos a tener en cuenta en el Rally do Lacón
URBANISMO Y MEJORAS
Carballiño avanza en su plan de mejora de limpieza de rúas
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia