O Casino festexa o día 10, na Festa da Mimosa, o seu 50 aniversario

O Casino do Carballiño cumple o vindeiro 5 de maio os 50 anos desde a fundación da sociedade en 1964. Por ese motivo, a entidade recreativa e cultural adica a súa tradicional Festa da Mimosa un especial esforzo coa organización de diversas actividades, que se iniciarán mañá e se prolongarán ata o día 11 deste mismo mes.
 

A festa será o día 10, iniciándose ás 19,30 horas coa actuación do Grupo de Teatro Infantil do Casino que representará "O restaurante tolo". Para as 20,00 horas está previsto o acto oficial no que intervirán anteriores directivos e o actual presidente, para dar paso a continuación as actuacións da Coral Polifónica do Casino e da Banda de Vilatuxe, rematando cunha cea e baile nas mesmas instalacións da entidade. O precio é de 20 euros e os interesados terán que inscribirse, rematando o prazo o día 9.

A programación iniciase mañá, ás 20,30 horas, cun concerto do Coro de Cámara de Música Viva do Carballiño. Para o domingo está prevista a inauguración da exposición "50 aniversario do Casino do Carballiño" e para o xoves unha charla-coloquio a cargo de Xosé Luis Barreiro, ás 20,30 horas.

O venres terá lugar a presentación literaria de "El último de Filipinas de Almeiras" polo seu autor Juan J. Rocha Carro, actuando tamén o grupo "Sol Music.

Tras a festa do sábado, a programación acaba o domingo coa actuación de Xavier Deltell, ás 20,00 horas.

Te puede interesar