Unha certificación de calidade avala a xestión ambiental no Concello de Piñor

A posta en marcha dun Sistema de Xestión Medioambiental na Casa do Concello de Piñor vén de ser recoñecida coa certificación de calidade que otorga o Reglamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría (Emas) da Unión Europea.
Esta iniciativa abrangue tódalas actividades administrativas que se levan a cabo no edificio consistorial, tales como disminución do consumo de papel e incremento de material reciclado; reducción do consumo de auga e enerxía eléctrica, e a aplicación de criterio de compra ecolóxica.

Según apunta o alcalde de Piñor, Francisco José Fraga, o proceso de implantación durou varios meses, e no pasado mes de agosto houbo unha primeira avaliación ambiental e unha auditoría interna, ata chegar en novembro á auditoría externa, na que se verificou o bó funcionamento do sistema’. Este recoñecemento amparado na norma ISO 14001, ‘é un premio a toda unha traxectoria do noso equipo de goberno no traballo en prol do respeto e conservación do medio ambiente, e da que nos sentimos moi orgullosos’, indica o rexedor socialista.

Implicación

Neste sentido, Franciso José Fraga salienta ‘a recollida selectiva de lixo, os programas de compostaxe doméstica e de actividades medioambientais, que xa se atopa na súa terceira edición con cursos, charlas e excursións, e nos que é destacable a implicación dos veciños’. O alcalde de Piñor agradece a axuda económica da Consellería de Medio Ambiente, que subvencionou o 75% do proxecto, mentres a porcentaxe restante foi aportada polo concello.


Te puede interesar