El ciclo de soldadura ha cubierto todas las plazas en el IES Chamoso Lamas
As prácticas deste ciclo xa están garantidas polas empresas do parque empresarial do Carballiño, Dizmar e Gri Towers
A finais do mes pasado botaba a andar o primeiro ciclo de FP Dual de Soldadura e Calderería do Instituto Chamoso Lamas nas instalacións de Dizmar, empresa ubicada no polígono industrial do Carballiño, que conta con varios centos de traballadores e proxectos internacionais na súa carteira, e que decidiu ceder o espazo e a maquinaria necesaria para que comezara este ano a formación. Desde a mesma, o seu responsable Carlos Rivas, que tamén foi o promotor do ciclo de formación profesional na vila, destaca a boa acollida que tivo ao cubrirse a totalidade das prazas ofertadas e a importancia que vai ter na formación do alumnado e na creación de man de obra especializada para as empresas do sector do Carballiño. De feito, as prácticas xa están garantidas polas empresas do parque empresarial do Carballiño, Dizmar e Gri Towers.
O Concelleiro de Emprego, José Manuel Dacal, agradeceu durante o encontro co alumnado a implicación das empresas, do Instituto Chamoso Lamas e da Consellería de Educación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARTE EN LA DIÁSPORA
Los murales de Luis Seoane resurgen en el Centro Galicia de Buenos Aires
ESPECIALMENTE PARA EEUU E ISRAEL
Irán advierte de que el estrecho de Ormuz “jamás volverá a ser como antes”