Cine Club pon en marcha o ciclo ao aire libre Flores de Cine

Cine Club Carballiño comeza na próxima semana unha nova edición de Flores de Cine, as proxeccións ao aire libre no barrio de Flores que se programan desde fai 12 anos, incluíndo os dous últimos afectados pola pandemia. Nesta nova edición, a entidade conta ademais coa colaboración do OUFF para a programación para os días 12, 13 e 14 de xullo, en horario de 22,30 horas.  

Así, o día 12 está previsto o filme portugués “Listen”, dirixido no ano 2020 por Ana Rocha, e que levou o Premio á Mellor Ópera Prima no Festival de Venecia. 

Na cxornada seguinte, unha producción turca “Mi mejor amigo”, Mellor Película no Festival de Chicago. É unha historia ambientada na infancia nun internado para nenos kurdos nas montañas de Anatolia, e que está baseada na propia experiencia do seu director, Ferit Karahan. 

O ciclo pecha o día 14 con un clásico “absolutamente delicioso, para ser fieis á nosa predilección polo cine clásico ao aire libre”, matizan desde a entidade Cine Club Carballiño. Neste caso proxéctase “El hombre mosca”, protagonizada por Harold Lloyd, filme que encerra algunhas das esceas máis famosas da historia do cine. 

“Tres filmes estupendos para disfrutar ao aire libre (ningún chega á hora e media de duración)  e completamente de balde”, conclúen.

Te puede interesar