Cultura

Cine Club retoma no Carballiño as proxeccións os venres e domingos

Despois dun mes sen proxecciós motivado pola situación sanitaria, Cine Club Carballiño retoma as sesións, adaptadas ás novas circunstancias e restriccións. Esto implica varios cambios, o primeiro, que non haberá sesión dobre os venres por causa do toque de queda; e en segundo lugar, o foro do Auditorio Manuel María estará limitado a 30 persoas por sesión. Para compensar todo isto, a entidade ofrecerá unha segunda proxección da película na fin de semana, preferentemente en domingo. 

Así, nesta fin de semana haberá dúas proxeccións da primeira película que houbo que suspender, a comedia arxentina "La odisea de los giles". Os pases serán no Auditorio Manuel María o próximo día 13, ás 20,00 horas; e o domingo, día 15, ás 19,00 horas. As persoas que o venres se acheguen pola taquilla antes de que empece a sesión poderán, se queren, recoller a entrada anticipada para o domingo.

Te puede interesar