Clausura da exposición 'Mulleres no obxectivo'

Susana López, Marnotes e Purificación Alberte. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A mostra 'Mulleres no obxectivo', promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, pechou onte as súas portas no Auditorio do Carballiño. A titular deste departamento autonómico, Susana López, clausurou esta exposición, que recolle 23 imaxes de mulleres galegas traballando en diferentes oficios.
O alcalde, Argimiro Marnotes, suxeriu á directora xeral que incorporara fotografías das 'pulpeiras' de Arcos, unha proposta que foi asumida por Susana López. Esta estivo acompañada tamén polo delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e a concelleira de Igualdade, Purificación Alberte.

Te puede interesar