A Colexiata de Santiago, no Festival de Habaneras

Rogelio Rodríguez, Diego Fernández e Christian Casas durante a presentación do festival. (S.P.)
Rogelio Rodríguez, Diego Fernández e Christian Casas durante a presentación do festival. (S.P.)

O Orfeón do Carballiño recupera o seu tradicional Festival de Habaneras despois da parálise do 2020 por causa da pandemia. É a 28 edición, aínda que por ese motivo xa correspondería a 29, segundo apuntaba o presidente do Orfeón, Rogelio Rodríguez Novoa, no trancurso do acto de presentación no que participaron tamén o director da agrupación coralista, Christian Casas Hernández, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

O responsable do departamento municipal de Cultura felicitou a entidade por “volver a afrontar este reto”, e destacou que no Carballiño estanse facendo moitas actividades, sinalando que “a cultura é segura”.

Rogelio Rodríguez apuntou que este ano actuarán únicamente dúas corales, A Colexiata de Santiago de Compostela, que segundo dixo, tivo que facer un gran esforzo incorporando ao repertorio as habaneras, e o propio Orfeón do Carballiño. Esta edición, engadiu, que recibirán homenaxe os coralistas falecidos, especialmente os do último ano: Emilio Rodríguez, Nina Alonso e Carmén Veiga.

Contenido patrocinado

stats