A maioría destaca que 'a Festa do Pulpo e a propia vila aparecen en tódolos foros', pero tamén hai discrepancias

Comerciantes e empresarios apoian a 'Paul' como reclamo turístico

Asistentes a la pasada edición de la Festa do Pulpo.
A popularidade de 'Paul', o pulpo que habita o acuario 'Sea Life Centre' na localidade alemana de Oberhausen, traspasou tódalas fronteiras e os seus tentáculos conectaron co Carballiño, dende que un empresario (agora co apoio do Concello) puxou por traelo á celebración gastronómica do vindeiro 8 de agosto. Unha iniciativa que está a recibir o respaldo da sociedade carballiñesa, tendo en conta o nivel mediático acadado e o que pode supoñer como atractivo turístico.
Neste sentido, Adolfo Nogueira, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios, sinala que 'paréceme estupenda a idea, xa que agora todo o mundo coñece a nosa vila'. Antonio Salgado, da Asociación de Hoteis, considera que 'é unha propaganda moi boa e representa unha publicidade positiva para Carballiño, e confío en que se faga posible'.

Un representante de AICA, que agrupa ós industriais do Parque Empresarial, Manuel Carballeda, cre que 'é fenomenal esta situación, pero non debe limitarse tan só á Festa do Pulpo, senón repercutir de xeito positivo na economía do municipio'.

Otilia González, presidenta da Asociación de Veciños 'Camiño' comenta que 'é un xeito de promociona-la festa e a vila'. Pola Agrupación Cultural 'Avantar', Víctor Gulías non está dacordo, 'xa que o evento gastronómico xa é mediático, e sería mellor organizar unha semana de actividades culturais antes do 8 de agosto'.

Te puede interesar