O Concello do Carballiño recolle as árbores utilizadas como adorno no Nadal

O edil de Medio Ambiente do Concello do Carballiño, Bernardo García, anunciou unha nova campaña do seu departamento, dirixida a recoller os piñeiros naturais que os veciños utilizaron como decoración nas pasadas festas do Nadal.
Dende a citada área municipal advírtese que se recollerán todas as árbores que teñan raíces, xa que é o único requisito para poder conservalas e logo proceder a replantalas. Os veciños que teñan piñeiros nas súas casas ou que dispoñan de fincas para a súa plantación, e queiran participar nesta campaña, deberán comunicalo a Medio Ambiente. Serán os operarios municipais os que acudirán ós domicilios para posteriormente preparalos con vistas a súa conservación e plantación nos lugares adecuados.

Zonas axeitadas

Bernardo García sinalaba que ‘a nosa intención é, por un lado, dar un servizo ós veciños que en moitas ocasións no saben que facer con estas árbores, que acaban cas sempre morrendo tiradas nun contenedor. Por outra banda, con esta campaña obtemos piñeiros que logo podemos plantar en zonas onde estas especies desapareceron, ou foron devastadas por os incendios’. García destacaba que en ningún momento se plantarán estes piñeiros en zonas onde no estea aconsellado unha especie arbórea como esa.

Por último, Bernardo García sinlaba que ‘esta nova campaña que iniciamos foi suxerida por unha veciña da vila, o que nos satisface xa que é esa a colaboura que pedimos ós carballiñeses, que nos axuden entre todos a protexer o noso medio ambiente e a mellorar os servizos’.


Te puede interesar