A Xunta colocou carteis de advertencia nos 19 mananciais públicos

O Concello non garantiza a potabilidade das fontes

Cartel instalado pola Xunta na fonte pública de O Cornuval, xunto á estrada N-541. (Foto: X.A.R.)
As augas das fontes públicas do municipio do Carballiño aínda manteñen a súa condición de 'non potables', debido a que nin o Concello nin a Consellería de Sanidade da Xunta garantizan que a saúde dos seus usuarios se resinta ó bebelas. Ademais dos carteis que o departamento municipal de Medio Ambiente colocara hai dous anos nos 19 mananciais existentes, en nos que figura a advertencia 'Auga non controlada sanitariamente', agora apareceron outros novos da Xunta co lema 'Auga sen garantía sanitaria' e co anagrama do Xacobeo 2010.
Así, son moitos os vcciños do municipio que nos últimos meses estanse a abster de acudir (como levan facendo varias décadas) a estas surxencias, coma é o caso das fontes de O Cornuval, xunto á N-541; Ponte Veiga, na estrada a Lalín; a céntrica do casco histórico de Frores ou as tres situadas entre o Parque municipal e a piscifactoría.


INFORMACIÓN

'Prefiro mercar unha botella de auga mineral nunha tenda ou non supermercado, xa que ten garantía de salubridade e data de caducidade', sinala a presidenta da Asociación de Veciños 'Camiño', Otilia González. Este colectivo xa leva tempo recibindo queixas dos seus afiliados, 'porque hai moita incertidume encol de se estas augas son potables, xa que os cidadáns carecen de información do Concello sobre se encargan ou non as análises que debería realizar'. Neste sentido, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, indica que 'a actual normativa obriga a poñer os carteis de advertencia no caso de que as aguas non estén cloradas, que si é o caso das que Aquagest suministra ás vivendas do Carballiño e outros abastecementos á pobos do municipio'.

O edil nacionalista engade que 'por regra xeral, fanse análises das augas cada dúas semanas, e os resultados tardan os mesmo días en verificarse, pero iso non garantiza que neste espazo de 15 días non haxa contaminación'. Na última década, as obras de reforma da estrada a Lalín afectaran os manancias de Ponte Veiga e O Cornuval, e a construcciòn dun novo edificio tamén influira na seca da fonte de Frores, motivando unha manifestación veciñal.

Te puede interesar