MELLORAS

O Concello de Piñor empeza a arranxar o Centro de Saúde

O proxecto inclúe a colocación dun grifo no exterior do edificio para o suministro de auga destinada a regar as xardineiras da praza, ademais da limpeza integral das distintas dependencias do centro, como consultas, sala de espera e aseos, segundo apuntan dende o concello

O Concello de Piñor iniciou as obras de reparación das deficiencias que ten o centro de saúde. As autoridades municipais recordan que xa no 2013 producíase nunha consulta o desprendemento dun plafón e parte da escaiola do teito. En reiteradas ocasións os profesionais sanitarios informaron ao Sergas e o Concello, daquela gobernado polos socialistas, desta e outras deficiencias nas instalacións como o mal estado do tellado, presenza de termitas, desprendemento de plaquetas nun dos aseos dos usuarios, cristais rotos, falta de hixiene, intentando evitar un deterioro maior, pero que finalmente non foron arranxadas.

Agora, sinala o novo goberno municipal, integrado polo PP e Veciños de Piñor, que se procederá a realización de obras que consistirán no alicatado dos baños, reparación do tellado, cambio dos plafóns por focos máis pequenos e de menor peso e consumo, tamén se procederá á dotación dun calentador para auga, á sustitución dos cristais rotos e reparación da escaiola.

Por outra parte, o proxecto inclúe a colocación dun grifo no exterior do edificio para o suministro de auga destinada a regar as xardineiras da praza, ademais da limpeza integral das distintas dependencias do centro, como consultas, sala de espera e aseos, segundo apuntan desde o concello.
 

Te puede interesar