O Concello de Piñor organiza obradoiros contra os excesos alimentarios do Nadal

Dentro do programa Concello Saudable, as autoridades de Piñor organizan obradoiros para que os cativos non cometan excesos alimentarios durante as próximas festas do Nadal. Na mesma línea, promove charlas para os adultos, ademais de unha andaina popular para coñecer o municipio.
O Concello de Piñor levará a cabo o proxecto ‘Un Nadal saudable’, dirixido ós rapaces, e que consistirá nunha semana na que os cativos do municipio disfrutarán de xornadas de xogos tradicionais e de actividades e obradoiros cos que se perseguirá, que nunhas datas tan ociosas e de tantos excesos, aprendan a non abusar de alimentos ricos en graxa e a afianzar a aprendizaxe de hábitos básicos, tanto relativos á saúde como á educación en valores. Na mesma línea, e ata o 23 do mesmo mes realizaranse iniciativas para traballar os hábitos saudables nas familias, en concreto cos pais e nais e nais, así como coas amas de casa e persoas coidadoras. Así, o 15 de decembro impartirase unha charla sobre ‘Obesidade e alimentación sana’, na que se ofrecerán pautas claras de como promover unha alimentación saudable entre os nenos e nenas ademais de como previr o sendentarismo, que é unha das causas máis visibles da obesidade. Con anterioridade, o domingo 25 de outubro terá lugar a II Andaina Saudable ‘Descubrir Piñor’, aberta a todos os interesados.

ACTIVIDADES

Consultas cunha nutricionista

Coa posta en marcha das actividades do Proxecto Concellos Saudables, correspondentes ó derradeiro trimestre do ano, o Concello de Piñor continuará ofrecendo o servizo de consultas individuais coa nutricionista, que xa atendeu a máis de 20 casos. As persoas interesadas en beneficiarse desta iniciativa, deberán comunicalo en Servizos Sociais. As citas coa especialista foron programadas para os mércores alternos de 10,30 a 14,30 horas no mesmo departamento municipal, retomándose este servizo o 14 de outubro. No que vai de ano esta profesional atendeu a todos aqueles veciños que sofren algún tipo de alteración alimentaria e que decidiron buscar unha solución a través da alternativa que lles ofrece o Concello.



Te puede interesar