Conferencias sobre a arte e a arqueoloxía do Carballiño

O Casino do Carballiño inicia o vindeiro venres un ciclo de conferencias sobre 'Arqueoloxía e arte no Carballiño', organizado pola Asociación Adro Novo. Todas elas desenvolveranse ás 20,30 horas e a entrada será libre.
A primeira, prevista para o día 9 de novembro, ten o título de 'Iconografía xeométrica castrexa', a cargo de Ladislao Castro Pérez. O venres 16 do mesmo mes, Nieves Amado Rolán fará sobre 'Un percorrido polo patrimonio arqueolóxico do Concello do Carballiño'. O ciclo continúa o 30 de novembro con 'Arquitectura do século XX' nesa localidade, co ponente Rafael Otero Janeiro.

Xa no mes de decembro, a primeira conferencia será sobre a 'A igrexa de Santa Eulalia de Banga', o día 14, por José Manuel García Iglesias, rematando o ciclo o venres, 21 de decembro, con Felipe Senén López Gómez, que tratará o tema 'Chamoso Lamas e o Patrimonio Cultural de Galicia'.

O obxectivo principal consiste en dar a coñecer máis polo miudo o patrimonio cultura e histórico do Concello do Carballiño.


ADRO NOVO

A organización desta iniciativa corre a cargo da Asociación Adro Novo, unha entidade de recente formación, e que se creou como frente veciñal contrario ó primeiro proxecto de urbanización do entorno da Veracruz.

Te puede interesar