A contratación de operarios facilita o servizo na canceira

Unha comisión seleccionadora decidíu a contratación de dous operarios para a canceira municipal do Carballiño, ubicada no monte de A Medela, que se unirán ó veterinario que desempeña a súa laboura no recinto, ó traverso dun convenio coa Deputación de Ourense.
Neste sentido, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, confirmou que 'estes traballadores encargaranse do refuxio de animais dende o vindeiro 1 de xuño, cun contrato mínimo de seis meses e ó abeiro da financiación da institución provincial'.

Ademais, o edil nacionalista adiantou que 'estamos á espera de que a concellería de Facenda deposite a fianza pertinente para a creación da Fundación do Refuxio de Animais, que será a responsable da xestión deste servizo e para a que xa hai representantes nomeados dos colectivos sociais'.

Te puede interesar