O convenio de obras da canceira non reflexa o pago anticipado

O Concello do Carballiño non estaba obrigado ó pago anticipado dos traballos de acondicionamento da canceira municipal, e así queda reflexado no convenio de colaboración asinado o 21 de marzo de 2006 coa Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que entón dirixía o carballiñés Manuel Vázquez. Este xornal tivo acceso á documentación referida, e nela contémplase que o abono das obras á empresa adxudicataria 'só se efectuará cando se presenten as certificacións de remate final'.
Deste xeito, compróbase que hai unha contradicición evidente co informe remitido ó Concello pola empresa 'Álvarez y Asociados', encargada pola Xunta para auditar o proceso administrativo polo cal o citado departamento autonómico concedía 250.000 euros para a remodelación do refuxio de animais. A concelleira de Facenda, Inmaculada Ucha, recoñecía o pasado martes que 'o Concello non adiantou os cartos á adxudicataria, xa que lle foron abonados o 14 de febreiro de 2007 e o 1 de febreiro de 2008, cando nós recibimos o montante total da subvención'.

Nembargantes, o erro detectado pola auditoría non é tal, xa que o convenio entre Xunta e Concello estipúlase que o pago non pode ser efectivo ata o remate dos traballos, debidamente certificados. O colectivos 'Matar por matar non', Adega e 'Amigos da Terra' presentaron ante a Fiscalía documentos que avalan un presunto delito de malversación de fondos públicos por parte do Concello carballiñés xa que entrenden que a reforma foi efectuada antes de que terminasen as obras na canceira.

Te puede interesar