Curso sobre prevención de riscos no sector da construción

A Fundación Laboral da Construción e o Concello do Carballiño están a programar un curso de nivel básico de Prevención en Construción cunha duración de 60 horas e o específico en P.R.L. (Prevención de Riscos Laborais) para traballos de Albanelería, cunha duración de 6 horas.

Estas accións formativas serán de carácter gratuíto, contarán con 28 prazas e realizaranse de forma presencial nas instalacións municipais.

A previsión do comezo do curso é para mediados do mes do próximo mes de abril, segundo sinalan os responsables municipais

Os interesados en participar deberán inscribirse presencialmente no Departamento de Orientación Laboral do Concello ou chamando o seguinte teléfono: 662920641 ata o próximo día 31 de Marzo, tal e como indican desde o concello.

Te puede interesar