Curtametraxes de todo o mundo nas Xociviga do Carballiño
CULTURA
Un xurado profesional e o público elexirán os mellores traballos das Xornadas de Cine e Video de Galicia que acolle O Carballiño
As Xornadas de Cine e Video de Galicia reconvértense en “Xociviga. Ano 0”, un Festival Internacional de Curtametraxes que incluirá 50 proxeccións de mais de 30 paises, algunhas das cales pasaron por prestixiosos festivais cinematográficos como Cannes, Venecia ou Berlín.
O evento terá lugar no Auditorio Manuel María entre o 20 e o 24 de novembro, con entrada de balde, e foi presentado onte polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, acompañado dos organizadores, Mario e Daniel Filloy.
O certame arranca o mércores 20 cunha retrospectiva sobre cine do director Pier Paolo Pasolini e outra sobre cine feito no Carballiño. Entre os días 21 e 23 de novembro proxectaráse unha selección de curtas infantís en sesión matinal na sección “Xermolar”. Polas tardes, ás 17,30, 19,00 e 20,30 horas terán lugar os pases da sección oficial, “Xentes”, que estará formada por curtas galegas e de outras partes do mundo, e a titulada “Xénese”, na que se poderán ver os traballos de novos creadores. Tamén o venres os directores de varias das curtametraxes participarán nun coloquio cos espectadores.
Ademais dos galardóns que otorgará un xurado profesional haberá un premio do público, culminando o domingo cunha sesión das curtas mellor valoradas polos espectadores e a entrega dos premios. Como actividade complementaria está en marcha un concurso de videoclips musicais organizado a través das redes sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
DEL 11 AL 14 DE SEPTIEMBRE
Programa completo de las Fiestas de O Cristo 2026 en O Barco
TRASLADADO A BUEU
Un vecino de Vigo muere en la isla de Ons por causas naturales