AXUDAS

A Deputación subvenciona á asociación de discapacitados

A entidade  desenvolve un taller grupal de fisioterapia onde se traballan aspectos de mantemento e mellora da mobilidade

A Deputación de Ourense concedeu unha axuda de 6.000 euros para ASDIFICA (Asociación de persoas con discapacidade física do Carballiño e comarca) para o proxecto nomeado “Atención a persoas con discapacidade física".

Gracias a este proxecto a asociación conta cunha auxiliar administrativo para a atención, información e tramitación de documentos para as persoas con discapacidade de Carballiño e da súa contorna, derivando os servizos a Discafis-cogami ou aos Servizos Sociais dos distintos concellos. 

A entidade tamén desenvolve un taller grupal de fisioterapia onde se traballan aspectos de mantemento e mellora da mobilidade e, ademais, dispón dun tratamento individual para os usuarios que o demanden facendo unha valoración individualizada con cada un. 

Te puede interesar