Os discapacitados carballiñeses xa recollen 10.000 litros de aceite

Barrosa, xunto ó furgón de recollida de aceite. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Os traballadores da Asociación de Discapacitados Físicos da Comarca do Carballiño (ADFCC) acadaron un novo récord na recollida de aceite doméstico na provincia, ó duplicar a cifra de bidóns acadada no derradeiro trimestre do ano pasado.
José Barrosa, secretario da entidade, indica que, 'na actualidade, estamos a retirar mensualmente perto de 200 bidóns de 50 litros, concretamente uns 186, o que representan case 20.000 litros de aceite nos meses de decembro e xaneiro'. Esta cantidade representa o dobre do volumen de líquido oleaxinoso recollido nos meses de outubro e novembro do 2010, e que foi rexistrado pola asociación.


HOSTELERÍA

O colectivo, con tres operarios, ten asinado convenios coa práctica totalidade dos municipios de Ourense, comunidades de veciños e as principais áreas comerciais implantadas na provincia, ademais de facer a retirada nun número aproximado de 200 establecementos de hostelería. 'Tan só notamos unha pequena disminución, entre un 20% e un 30% no aceite nos mesóns e restaurantes, debido á repercusión da crise económica', comenta José Barrosa.

Os bidóns de aceite son trasladados nunha furgoneta ata un almacén ubicado na localidade de Almuzara, no municipio de Boborás, onde se gardan nun depósito compacto que logo retira un camión da empresa PMA para levalo ata a planta de reciclaxe que posúe na localidade pontevedresa de Mos. Esta entidade abona unha cantidade de 0,25 euros por litro de aceite, que supón uns ingresos mensuais de 2.500 euros para a asociación, que tamén recolle material informático, discos compactos e móbiles en desuso.

Te puede interesar