A dixitalización do Plan Xeral de Ordenación Municipal facilitará a súa consulta polos cidadáns

A dixitalización do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Carballiño, que se procede neste intre a reformar, facilitará as consultas por parte dos cidadáns. O PP local destaca esta aportación da Deputación ó municipio, ademais da financiación de obras.
A empresa que se encargou dos traballos de colocación das torretas e iluminación do campo de futbol de Espiñedo, Lousado Mourelo, entregou ao Concello do Carballiño o boletín de Industria que autoriza a posta en servicio de esta infraestructura. A Deputación remata así un compromiso adquirido coa directiva de Clube Deportivo Arenteiro para mellorar as instalacións, nas que investiu 71.000 euros. A institución local deberá contratar agora o aumento da potencia para o seu funcionamento.

‘A Deputación está a colaborar intensamente co Concello do Carballiño’, apuntou o portavoz do PP, Argimiro Marnotes, destacando tamén, ‘ todas as axudas aos comercientes para melloras dos seus establecementos, obras na rúa Canovas del Castillo, e as inminentes melloras na zona de xogos da Alameda e mobiliario urbán que se colocará na Avenida do Balneario’.

Nesa línea, o portavoz da oposición anunciou, ademais, que ‘está prevista a financiación da dixitalización do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que fará que se poida ver con claridade en soporte informático este documento a as afeccións o parcelario real existente, que sen dúbida será unha ferramenta importante para a modificación do PXOM que se está a facer’.

Por outra banda, Marnotes recorda ‘o ofrecemento que o Concello do Carballiño ten sobre a mesa respecto á recollida do lixo, xestión do punto limpo e mantemento da canceira, asuntos aos que o Concello aínda non diu resposta definitiva, se ben o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, mostrou a súa conformidade’, sentenciou o voceiro ‘popular’.


Te puede interesar