A ’Escola de familia’ ensina ós pais de Piñor a afrontar os confictos cos seus fillos

O proxecto ’Escola de Familia’ posto en marcha polo Concello de Piñor está a atravesar o ecuador do seu programa. Concretamente, este sábado 8 de marzo terá lugar a séptima sesión das catorce que se ten previsto no proxecto inicial.
Ata este momento, os 13 pais e nais participantes recibiron formación, orientación e asesoramento en diversas temáticas, todas elas fundamentais para un desenvolvemento axeitado das súas tarefas educativas na familia A educadora familliar do Concello profundizou no coñecemento das causas e consecuencias de convivir cun neno sen límites, o que comunmente se está a denominar ’nenos dictadores’ ou ’nenos tiranos’. Concretamente, trátase de nenos sen límites establecidos na súa conducta, que impoñen a súa propia lei no fogar e que mesmo poden chegar a agredir físicamente ós seus propios pais con tal de conquerir o que queren. ’Trátase de situacións límite, pero que en xeral teñen o seu comezo nunha aplicación de métodos educativos inaxeitados e incosistentes’, apunta a educadora municipal.

Mediación

A sesión do vindeiro sábado conta cun gran interese e valor para os pais e nais da nosa sociedade actual. As nais e pais inscritos na ’Escola de Familia’ de Piñor terán a oportunidade de formarse tanto na actuación como na prevención fronte o acoso escolar. Baixo o título ’O acoso escolar: o papel da familia’, a piscóloga que leva a cabo o proxecto tratará de establecer as bases para detectar, previr e tratar os problemas relacionados co acoso escolar e o papel mediador da familia e da escola.

Te puede interesar