Os escolares de Carballiño participaron en obradoiros sobre a igualdade

undefined
photo_camera Obradoiro de igualdade nun dos centros educativos.
Participaron os centros educativos CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro, CEIP Calvo Sotelo e IES Chamoso Lamas.

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño (CIM) desenvolveu, dentro do marco do Pacto de Estado, obradoiros de igualdade nos centros educativos CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro, CEIP Calvo Sotelo e IES Chamoso Lamas.

A actividade figura dentro das medidas do Pacto de Estado que inciden no ámbito de prevención, sensibilización e visualización da violencia contra as mulleres. O obxectivo derstes obradoiros é formar ao alumnado en valores e actitudes de igualdade para poder compartir a vida desde o respecto, a autonomía e a corresponsabilidade. Incide tamén nas accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude da violencia contra as mulleres e as consecuencias que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.

Con tal motivo, a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística, Guadalupe Sobrado, visitou os centros educativos participantes nesta iniciativa municipal.

Os obradoiros son unha actividade que se leva a cabo con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres, o pasado 8 de marzo, en que tamén se celebrou un acto na Praza Maior, contando coa colaboración dos centros educativos e das asociacións de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, que aportaron as súas ideas sobre a igualdade.

Te puede interesar