OBITUARIO

Falece Rubén Pérez, concelleiro socialista no Concello de Piñor

concejal
photo_camera Rubén Pérez Vázquez, concejal socialista fallecido esta mañana.

Rubén Pérez Vázquez , de 36 años, murió este miércoles en su casa de Fontelo

O falecemento repentino do concelleiro socialista de Piñor, Rubén Pérez Vázquez, con tan só 36 anos, conmocionou profundamente a todos os que o coñecían. Os seus pais atopábano morto na súa cama, na vivenda familiar de Fontelo, na mañá de onte. Ninguén se explica cales poideron ser as causas, que se espera revele a autopsia.

Francisco Fraga, en nome do PSOE de Piñor, dixo tras coñecer a tráxica nova que Rubén se incorporou a política "con gañas de facer cousas, de por o mellor de si, para mellorar o futuro do concello, o benestar da veciñanza e facíao cunha ilusión contaxiosa, cunha alegría e carácter que o enchía todo". Así mesmo, o secretario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestaba tamén a súa dor polo falecemento e trasladou as condolencias a súa familia.

A capela ardente está instalada no tanatorio de Piñor e o funeral e enterro terá lugar esta tarde, a partir das 17,00 horas, na iglexa de Barrán.

Te puede interesar