A feira de artesanía de Flores de Carballiño espera a Pepa Loba
O Barrio de Flores volverá a ser escenario este próximo fin de semana das andanzas da famosa bandoleira Pepa Loba e a súa gabilla. A Asociación Veciñas e Amigos de Flores xunto co grupo de Teatro Dar Trela ofrecerán sorprendentes novidades nesta 27ª edición dedicada a creadora e impulsora desta feira de artesanía, a xa finada Rosa Núñez, e aos demais veciños desaparecidos.
A representación vai ser novelada cun desenlace final, con gran dinamismo e moito amor, segundo apuntaban os seus artífices. Será o sábado, ás 19,30 horas; e tamén se ofrecerá por primeira vez unha versión infantil ao día seguinte. Haberá postos de artesanía, exhibición de oficios, xogos, obradoiros, lecturas colectivas e moita música, ademais dunha comida o domingo. A feira inaugurase o venres, na Eira de Flores, cunha charla homenaxe ao barrio e veciños, a cargo de Inés Banga e Luis Álvarez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
INVESTIGACIÓN POR FEMINICIDIO
Detenido en México "El Trompas", presunto responsable del asesinato de Claudia Tacoronte
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal