COMENZAR DE NUEVO
Ana Rodríguez, una carballiñesa nominada al Premio Mujer Rural Galicia
O CARBALLIÑO
A XI Festa da Palabra estará dedicada este ano ao escritor Antón Tovar. Celebrarase o día 20 do próximo mes de xullo, na Insua dos Poetas (Esgueva-Carballiño). O presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, sinala que se pensou en Antón Tovar (Rairiz de Veiga 1921-2004) como poeta, narrador e ensaista ourensán para promocionalo xa que como outros escritores da provincia "está absolutamente ignorado por a Real Academia Galega", e co fin de que forme parte da relación de escritores para ser protagonista no Día das Letras Galegas.
"A Fundación Insua dos Poetas o que persegue é promover aos escritores ourensáns para que teñan unha maior proxección, para unha maior difusión da súa obra e unha maior presenza no panorama literario de Galicia", apunta González Tosar.
No transcurso da Festa da Palabra haberá intervencións por parte de estudiosos da súa figura e recitais dos seus poemas, ademais dunha aportación musical baseada na súa obra. Con tal motivo, tamén se colocará un mural para exaltar a súa persoa e os seus versos. "No 2005 xunto con Marcos Valcárcel promovín a publicación da súa poesía en galego, en dous tomos ", explica o presidente da fundación.
Antón Tovar comezou a escribir a súa obra en galego no ano 1965 co libro "Arredores", sendo a súa última publicación "Cadáver adiado", do 2001. Na Insua dos Poetas tamén se conmemorarán os 98 anos do seu nacemento, segundo apuntaba Tosar.
Se a figura de Antón Tovar vai centrar unha boa parte dos actos desta xornada da palabra, tamén está previsto facer unha contribución á próxima gran celebración do ano 2020, que é o centenario da Xeración NÓS e da publicación en Ourense da súa revista impulsada por Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas, entre outros ourensáns. A Fundación Insua dos Poetas, con tal motivo, vai repartir un facsímil do primeiro número da Revista NÓS entre os asistentes á Festa da Palabra.
Outra iniciativa que se levará a cabo ese día será de recoñecemento mediante a entrega dos Premios Insua dos Poetas a persoas ou entidades que destaquen xa sexa nas letras, no arte e medio ambiente, polo seu compromiso económico e social e por a laboura en comunicación e difusión cultural. Será o Padroado da Fundación Insua dos Poetas o que se encargue de elexir aos galardoados.
"Despois de 11 anos a Festa da Palabra é un evento consolidado e frecuentado por o mundo cultural de Galicia", conclúe Tosar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMENZAR DE NUEVO
Ana Rodríguez, una carballiñesa nominada al Premio Mujer Rural Galicia
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
Lo último