A Festa do Pulpo recibe unha subvención de 25.000 euros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a festa como foco de atracción turística

A 52 edición da Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo de agosto, recibe unha subvención de 25.000 euros de Turismo de Galicia, que según o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, "é unha das maiores aportacións da Xunta nos últimos anos", recordando que na pasada edición fora de aproximadamente 12.000 euros. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, desplazouse onte ata o Carballiño xunto co delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, para a firma do convenio.

O rexidor municipal agradeceu este convenio así como a axilidade con que se tramitou a declaración da festa de interés nacional, o mesmo tempo que asegurou que "seguiremos traballando para a declaración de internacional". Nava Castro destacou os 52 anos de historia de unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras da comunidade, segundo sinalou, que actúa “como foco de atracción turística cara a unha terra que ten moito que ofrecer aos visitantes e que, a través da gastronomía, un dos nosos reclamos fundamentais como destino, se proxecta ao mundo”.

Te puede interesar