O goberno carballiñés impulsa un curso de soldadura

O sector do metal imponse como xerador de emprego na comarca do Carballiño, con un total de aproximadamente 600 traballadores,

O Concello do Carballiño, o I.E.S Chamoso Lamas e as empresas Gri Towers e o Grupo Dizmar van a impulsar a implantación da Formación Profesional Dual en Soldadura e Caldeirería, co obxectivo de mellorar a empregabilidade a través dunha formación de calidade, así como a dotación a estas empresas de profesionais axustados as súas necesidades reais.

O sector do metal imponse como xerador de emprego na comarca do Carballiño, con un total de aproximadamente 600 traballadores, segundo os datos facilitados por Carlos Rivas (Grupo Dizmar) e Fernando Puente (Gri Towers). Estas empresas insisten na importancia da contratación local e dinamización do mercado laboral, destacando tamén por parte de Fernando Puente o apoio á maior incorporación da muller no sector productivo.

Ambas empresas manifestaron o seu compromiso para traballar conxuntamente co centro educativo, facilitando os períodos de prácticas e o apoio de profesionais con ampla experiencia neste sector. Con tal motivo, celebrouse unha xuntanza á que ademais dos empresarios asistiu José Manuel Vázquez López, director do I.E.S. Chamoso Lamas, e José Luis Osorio, dinamizador de FP Dual deste centro, como impulsores da iniciativa de ampliar a oferta formativa e dar resposta ás demandas do mercado laboral.n O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, manifestaron o seu compromiso con esta iniciativa que ven como unha gran oportunidade para mellorar a formación e inserción no mercado laboral.

Te puede interesar