Hernández pide propostas para o proxecto de A Veracruz

Trabajadores en A Veracruz. (Foto: ARQUIVO)
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas urxe ó Concello do Carballiño o envío de propostas para incluir no proxecto modificado das obras do contorno do templo da Veracruz, co obxectivo de poder retomar os traballos. Así llo comunicou onte por escrito o conselleiro Agustín Hernández ó alcalde do Carballiño, Carlos Montes.
Hernández lembra que as diverxencias entre Concello e Igrexa pola titularidade dos terreos obxecto da actuación volveron a interromper o curso das obras, abocando a súa paralización. O departamento autonómico é consciente da importancia deste proxecto para a vila, polo que reitera ó Concello a urxencia de retomar as obras co fin de non perder máis tempo, e que os veciños poidan disfrutar dese entorno urbano.

O rexedor carballiñés manifestou onte a súa sorpresa, 'xa que non chegou ningún comunicado ó Concello'. Montes asegurou que a finais do pasado mes de xaneiro os grupos políticos da Corporación remitiron un escrito á Consellería, 'para coñecer cales eran os pasos a seguir para executar o proxecto ou outro novo'.

Te puede interesar