Igualdade felicita a Teresa Miras pola súa reelección ó fronte da Academia de Farmacia

A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño, ó traverso da súa voceira, Áurea Francisco, fixo pública a súa ledicia e felicitación trala reelección de María Teresa Miras Portugal coma presidenta da Real Academia de Farmacia. Dende esta área de goberno municipal quérese destacar a valía e a traxectoria profesional desta carballiñesa, premiando deste xeito a unha muller que xa marcara un fito ó ser nomeada en 2007 e por primeira vez na historia ó fronte dunha academia nacional.
A concelleira nacionalista subliña que ‘debemos felicitarnos, non só por sermos carballiñeses e carballiñesas senón polo feito de que sexa unha muller e desta valía a elixida para este cargo, demostrando unha vez máis que ser muller e con formación, cando se pode acceder a ela, nunca vai ser un atranco para o triunfo persoal e profesional’.

Traxectoria

Áurea Francisco destaca o currículo ‘desta muller de ciencia que ademais do seu nomeamento pode presumir dunha longa traxectoria’. Así, a edil de Igualdade destaca a Cátedra de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense, ‘e máis dunha ducia de teses de doutoramento -cinco delas con premio extraordinarioe tamén as 180 publicacións en revistas internacionais centradas no eido da Neurociencia’.


Te puede interesar