As industrias da Uceira dispoñen de contedores para a reciclaxe

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño instalou no polígono industrial de A Uceira dous contedores para o depósito de cartón e plástico, co obxectivo de que estes materiais sexan trasladados a unha planta de reciclado.
O concelleiro desta área municipal, Bernardo García, sinalou que 'entregando unha tonelada de cartón á empresa de recollida recibimos 70 euros por tonelada, mentres que se vai a Sogama temos que abonar 53 euros, logo a diferencia é bastante importante'.

O Concello convocará ós empresarios integrados na asociación Área Industrial Carballiño (AICA), que preside Manuel López, para explicarlles as vantaxes do uso destes contedores, ós que se sumará outro para madeira.

Te puede interesar