O legado de Losada Diéguez “continúa aí e vai perdurar”
O Pazo de Moldes acolleu onte a entrega dos galardóns das edicións deste 2022 e do ano 2020
O Pazo de Molde (Boborás) acolleu onte a entrega de galardóns do XXXVII Premio Antón Losada Diéguez, lugar que foi a casa natal dunha das figuras centrais da historia do galeguismo. Un certame que convocan anualmente os concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense, e que conta coa dotación máis alta dun premio literario en Galicia: 12.000 euros distribuídos a partes iguais en dúas categorías: creación literaria e investigación e ensaio.
O acto deste ano tivo un especial contido, pois entregáronse os premios correspondentes ás edicións de 2022 e 2020. Ata Molde achegáronse Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ademais de Patricia Torres, alcaldesa de Boborás; Francisco Fumega, rexedor de O Carballiño, membros do Padroado, do xurado e representantes do eido cultural.
Este certame instaurouse no 1985, ano no que se lle adicou a Antón Losada o Día das Letras Galegas. Dende aquela, “a implicación da Deputación coa figura do escritor , un dos grandes das nosas letras, é indisoluble”, apuntou Rosendo Fernández. Unha relación, “aínda máis forte tras os actos organizados pola Deputación para conmemorar o centenario do primeiro número da revista Nós, da que Losada foi un dos seus fundadores”, engadiu.
Conservar o seu legado
“A súa obra e legado continúan aí e van perdurar”, dixo o vicepresidente, “como tamén o labor que desenvolveu para manter viva a memoria do escritor a súa filla, Mercedes Losada, neste primeiro ano que nos deixa sos tralo seu falecemento”. Palabras que compartiu Patricia Torres, quen tamén agradeceu o apoio “da Deputación e da Xunta para manter uns galardóns que permiten conservar o legado intelectual ourensán”.
Neste 2022, o xurado elixiu por unanimidade a novela de Santiago Lopo, “A carteira”, como gañadora na categoría de creación literaria. Denuncia social, humor e unha narrativa áxil foron algunhas das consideracións do xurado. En investigación e ensaio, o xurado decantouse polo traballo “Alejandro Viana, Un galego a fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, de Roberto Mera, sobriño e neto do protagonista, quen recupera a figura deste industrial e político galego.
Debido as restricións marcadas polo coronavirus, aínda estaban pendentes de entrega os premios do ano 2020, cuxos gañadores recibiron onte as súas distincións. Os galardoados foron Eduard Velasco pola obra “Os días felices de Benvido Seixas” e Camilo Nogueira polo traballo “Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010)”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GASTO NAVIDEÑO
Carballiño lanza 1.000 bonos de 20 euros para compras
CULTURA Y LITERATURA GALLEGA
El Instituto de Estudios Carballiñeses saca nuevo número de su revista
Lo último
PARA CHUPARSE LOS DEDOS
El CHUO presenta sus tradicionales menús de Navidad
PRISIÓN PROVISIONAL SIN FIANZA
Detenida en Ourense por prostituir a su hija a cambio de dinero para droga
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
INFORME JURÍDICO
O Barco ya logró la relación de puestos de trabajo propia