O CARBALLIÑO

En Marea reclama máis inversión no transporte en O Carballiño

_en_marea_result
photo_camera Bernardo García, Ánxeles Cuña e David Rodríguez presentan as propostas.

No aspecto sanitario, erclaman unha zona no Centro de Saúde para a aterraxe de helicópteros

A agrupación En Marea reclama a incorporación ós orzamentos da Xunta para o ano 2018 de 1,3 millóns de euros en obras para O Carballiño e a súa comarca. O aspecto máis destacado da proposta é o transporte que, segundo En Marea, está "en situación deficitaria na vila". A solución proposta é a incorporación da comarca á area metropolitana e a construcción dunha estación intermodal para autobuses e trens.

Na rama sanitaria, solicitan que se habilite unha zona nas inmediacións do Centro de Saúde para a aterraxe e despegue de helicópteros. A creación dun centro de día público para a atención de persoas maiores e a posta a punto do Centro Comarcal e a súa cesión ó Concello tamén se atopan entre súas as prioridades. Outros puntos nos que fan fincapé son a ampliación do parque empresarial, que se está a quedar pequeno, e a posta a punto da Biblioteca Pública, tan demandada pola cidadanía.

Fóra do Carballiño contemplan a mellora do Centro de Saúde de Ribadavia e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Punxín.

Te puede interesar