Oseira acollerá una xornada de convivencia entre nenos

Os Servizos Sociais da Mancomunidade do Carballiño organiza para o próximo 15 de decembro unha Xornada de Convivencia que se realizará no Mosteiro de Oseira, dirixida ós nenos de tres a 12 anos de idade.
A proposta está dentro do programa de actuación de actividades preventivas desenrolado polos técnicos dos Servizos Sociais. 'O obxectivo principal é o de fomentar espazos e tempos comúns para facilitar a convivencia e a oportunidade para coñecer a nosa cultura', indicaron os organizadores.

Está prevista a realización de catro grupos de idade e para unha maior identificación dos mesmos asignaráse a cada un deles unha sudadeira dun cor e slogan diferente, que se escollera a partires dun concurso de slogans infantil.

Tamén se fará unha exposición na sede da Mancomunidade e logo o mesmo día 15 no Mosteiro de Oseira de todos os eslogans recibidos. Haberá xornada de convivencia ca comunidade cisterciense de monxes de Oseira e os nenos de 10 a 12 anos visitarán o Museo Etnográfico Liste, ubicado no recinto do cenobio, ademais de outras actividades lúdicas como un parque de xogos cooperativos.

O remate, entregaranse premios e diplomas os gañadores do concurso de slogans e haberá reparto de regalos entre todos os participantes.

Rematarase a xornada cunha comida de convivencia entre todos os participantes.

Te puede interesar