Os pais do colexio público ‘recadarán’ euros para sufragar a xornada continuada

A comisión de nais e pais que reivindica a xornada única para os seus fillos no colexio público ‘Calvo Sotelo’ do Carballiño organizará un programa de actos de protesta para as vindeiras datas, tal e como acordaron nunha asamblea celebrada na noite do pasado mércores na Casa da Cultura da vila.
A primeira iniciativa é a distribución -na tarde de hoxenoss establecementos comerciais e de hostelería dunhas caixas tipo ‘hucha’, ‘coas que tentamos facer unha colecta simbólica para recadar os fondos que a Consellería de Educación precisa para a implantación da xornada única’. As persoas que decidan colaborar deberán aportar un céntimo de euro, ‘a ver se deste xeito xuntamos 62.000 euros’.

Esta é cantidade na que o delegado territorial da Xunta valorou os gastos de transporte que xeneraría a xornada continuada. Rogelio Martínez considerou que ‘é imposible a implantación deste horario lectivo na actualidade’, e rexeitou a convocatoria dun plebiscito para que os pais decidan en asamblea se desexan ou non o cambio.


Te puede interesar